Rexeitada unha proposta do PP para eliminar do Plano Acuícola a Merexo
A Comisión de Pesca do Parlamento de Galiza rexeitou onte, cos votos do PSOE e o BNG, unha proposta do PP para eliminar do Plano Acuícola o polígono de Merexo.
O portavoz popular de Asuntos Marítimos, José Manuel Balseiro, definiu a reserva de 270.000 metros cuadrados nesta localidade para ampliar a piscifactoría da Stolt Sea Farm coma “un total desatino que hipotecará o futuro do pobo de Merexo e que colisiona coa necesidade de garantir a correcta protección dunha paraxe de grande interese medioambiental”; tamén lamentou que os socialistas e nacionalistas non respetasen a “alta” oposición dos veciños do pobo.
Dixo que o proxecto de ampliación carece dun estudio de impacto ambiental riguroso e dunha adecuada valoración do dano que o plano ocasionará no ecosistema. Calificou o dos nacionalistas coma “un dobre discurso”, “apoiando aos que reclaman a supresión do polígono de Merexo” e “impedindo que iso se leve a cabo”.
A Consellaría de Pesca reafirmou a súa intención de sacar adiante o plano porque o avalan todos os informes preceptivos.
Un grupo de veciños seguiu o debate dende o Parlamento.
http://www.elcorreogallego.es/, http://www.xornalgalicia.es/, http://www.anosacosta.es.
A cuestión volveu a sair nunha reunión que os presidentes e voceiros do PP dos concellos de Corcubión, Carnota, Fisterra, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo e Zas, mantiveron pola tarde cos estamentos provinciais do partido.
http://quepasanacosta.com/.
About this entry
You’re currently reading “Rexeitada unha proposta do PP para eliminar do Plano Acuícola a Merexo,” an entry on QUILMAS.COM
- Published:
- Junio 17, 2008 / 8:53 am
- Category:
- información, os partidos
- Tags:
- Merexo
No comments yet
Jump to comment form | comments rss [?] | trackback uri [?]