Semana Cultural de ADEGA-Costa da Morte en Quilmas

ADEGA-Costa da Morte e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas organizan diversas actividades (dous roteiros, un concerto e unha proxección) a fin de semana do 2 e 3 de agosto de 2008.
PROGRAMA do SÁBADO, 2 DE AGOSTO
-Roteiro á Moa: saída as 12.00 dende a fonte de Quilmas (Carnota) e baixada ás 16.00 ao Porto de Quilmas.
Levar comida e roupa cómoda.
- Ás 20:00, degustación de empanadas e tortillas para tódolos os asistentes,
-Ás 22.30, no Porto de Quilmas, concerto de Cantigas Medievais Galegas por Paulina Ceremuzynska.
PROGRAMA do DOMINGO, 3 DE AGOSTO
-Roteiro marítimo pola Costa da Morte: saída ás 11.30 do Porto de Quilmas no barco de recreo “Gran Cala” para facer un percorrido pola costa dende Muros a Fisterra.
Desembarcarase nas Illas Lobeiras, onde se xantará. Ás 19.00 saída cara ao continente, rumbo ao Porto de Quilmas.
Prezo de inscrición 12 E.
Levar comida, bebida e bañador.
-Ás 22.30 Proxección da película “A mariñeira de Quilmas” no Porto de Quilmas, no mesmo galpón ao carón do porto onde foi rodada.
É IMPORTANTE APUNTARSE PREVIAMENTE no 687 531 531
As persoas que desexen quedar a dormir poden solicitar información no mesmo telefone.
http://quepasanacosta.com/, http://www.adega.info/.
Acerca de esta Entrada
You’re currently reading “Semana Cultural de ADEGA-Costa da Morte en Quilmas,” an entry on QUILMAS.COM
- Publicado:
- Julio 18, 2008 / 5:16 pm
- Categoría:
- información
- Etiquetas:
- actividades culturais, roteiros
Todavía no hay comentarios
Ir al formulario de comentarios | comment rss [?] | trackback uri [?]