O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola
A Consellería de Pesca, controlada polo PSdeG, tentou que o Consello da Xunta aprobase o Plano Acuícola o pasado xoves 30 de Xullo, pero a oposición do Bloque Nacionalista Galego conseguiu eliminalo momentaneamente da axenda. O Executivo incumpre así o prazo anunciado polo presidente Touriño no Parlamento, onde dixo que o documento sería aprobado “antes do verán”.
O atraso converte o Plano Acuícola nun motivo de preocupación para os socialistas porque aprobalo coa oposición do Bloque pode restar votos nuns comicios marcados pola crise. Os colectivos ecoloxistas cren que finalmente o Plano podería non se por en marcha durante a presente lexislatura.
Os BNG rexeita a construción de catro factorías: ‘Laxe Brava’ en Corrubedo, ‘Xandriña’ en Camelle, ‘Camelle’ en Arou e ‘Punta Orelludas’ en Oia. O BNG tamén é contrario ás ampliacións da factoría de Mougás (Oia) –ameazada por unha orde de derrubo da propia Xunta– e Merexo (Muxía). Non se opón a ampliación salvaxe da de Quilmas.
Xosé Manuel Casais, da plataforma de Quilmas é dos que pensan que “non é probabel que sexan tan kamikazes para aprobar o plano antes das eleccións”.
O secretario de ADEGA, Fins, Eirexas, adiantou que se organizarán mobilizacións en torno a esa data para meter presión ao Executivo e prolongar o “atraso dun ano que xa levan na tramitación”.
http://www.anosaterra.org/12403, http://www.anosaterra.org/12570.
About this entry
You’re currently reading “O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola,” an entry on QUILMAS.COM
- Published:
- Agosto 4, 2008 / 8:31 am
- Category:
- información
- Tags:
- Plano de Acuicultura
No comments yet
Jump to comment form | comments rss [?] | trackback uri [?]