A instruiçom Judicial dum casso importante para o pais (quizais prescrito), o Prestige. Um precedente para Quilmas?
Copiamos um texto (firmado por UDNG) que apareceu originalmente em http://ilp-reforma-constituizom.blogspot.com/.
i) O juiz Francisco Javier Collazo Lugo chegou a Corcubiom recem saído da Escola Judicial co número 201 (de 222) no 2001. Foi o seu primeiro destino.
ii) O “Prestige” naufragou nas costas de Fisterra o 13 de Novembro de 2002, un ano despois.
iii) Un mes máis tarde (debeu haber noticias de que se presentaría um preito) a Voz de Galicia recolle a existencia do Juiz nas súas páginas.
iv) “Nunca Máis” presenta a súa querelha em Corcubiom o 28 de Janeiro de 2003. Os interesses dos afectados os representa o avogado Ramón Sabin Sabin, premiado como “galego do ano” em 2004 polo Correo Galego e, segundo el mesmo declara, carente de especialidade. Collazo parece contento co caso, que se pensou que puidera ser instruído por Garzón.
v) Em marzo do 2005, com só catro anos de antiguidade” Collazo é “ascendido” a magistrado no Julgado de 1ª Instancia e Instruiçom nº1 de Lugo. Puido solicitar umha próroga, pero acepta. A prensa di que deixa um sumario 20.000 páginas. O substitúe, umha Juiza em prácticas em Betanzos, Mª Jesús García García, a cal a prensa, presenta tamén coma “maxistrada”. Em realidade Corcubiom é tamém o seu primeiro destino.
vi) Umhas semanas máis tarde, Mª Jesús García García, que fora proposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, pide a baixa por maternidade, é sustituída por umha avogada que estava na lista de sustituiçons, Mª Jesús Souto, e, cando se reincorpora, é, finalmente, trasladada a localidade de Ordes, que é partido judicial. Mª Jesús Souto acho no ABC que, temendo a prescripción do caso aos tres anos, tenta axilizalo e ordena o embargo dos bens da armadora. Imagino que sem nenhuma esperanza, porque é sustituta, e, de feito, foi despois desautorizada. (Sobre o tema da prescripçom hai algum libro interessante).
Existe o principio de inamovilidade, pero nim Trepats, nim Sabin, nim o TSXG, nim o CGPJ, nim os propios juizes o teñem em conta.
Cando Mª Jesús García foi trasladada a Ordes, presidiu brevemente o Xulgado de 1ª Instancia e Instruiçom nº 1 de Corcubiom, um Juiz accidental, que ainda rota hoje por distintos julgados galegos, Carlos Gayo Lemos.
vii) Finalmente, em 2006, é destinada a Corcubiom, tamém no seu primeiro destino definitivo coma Juiz, Carmen Veiras Suárez, que fora Juiz provisional em Cangas no 95, Secretaria Judicial em Ordes no 96 en 1996, Secretaria Judicial em Ordes, tivo um filho no 2001, foi brevemente fiscal sustituta em Lugo no ano judicial 2002-2003, e suponho que será a persoa que accedeu em 2004 a umha das 26 prazas de ingresso na Carreira Judicial coa categoría de “Magistrado” reservadas para “juristas de recoñecida competencia” coa 4ª menor puntuaçom entre todos os (307) aspirantes. Está casada co lugués Raul García de Loza, um árbitro de fútbol, famoso polas acusaçons de Schuster durante o seu último ano no Madrid a propósito dumha arbitragem na final da Copa do Rei e a famosísima liga que se di que fiz perder ao Madrid em Tenerife, e fiz incursións na política no partido popular.
Ao chegar a Corcubiom Carmen Veiras desautoriza a María Jesús Souto, pero a prensa di que consigue de Madrid umha peritagem que a Xunta se negava a conceder, e que aprazará o juizo ata o 2010. O sumario oscila agora entre os 15.000 e os 50.000 folios, (ver os dous enlaces anteriores).
viii) A finais de Janeiro do 2009, sen embargo, a Juiza Carmen Veiras da por concluída a instruiçom, e se inclúe no sumario coma definitivo um informe do avogado do estado que exculpa a actuación do governo.
O embargo proposto pola tamém avogada-juiza sustituta Mª Xesús Souto sobre os bens da armadora, imagino que nom se faría. Tampouco sei o resultado da querelha (ou denuncia?) das Cofradías contra Ramon Sabin. Pero nom tem importancia, porque o 75% dos afectados já estavam de acordo com Sabin, em que os culpaveis eram o Capitán do barco e os seus armadores, aos que se dirá que a incompetencia de Souto fiz impossivel embargar, intúo.
O caso, suponho, será julgado na Audiencia Provincial da Coruña, ou em algúm xulgado do Penal de Compostela, ou na Sala do Penal do TSXG. É o que conjeturo cos meus nulos coñecementos jurídicos.
Agora em Quilmas, a 15 Kms. de Corcubiom, a Conselharía de Pesca pretende comezar as expropiaçons para multiplicar por 12 a piscifactoría da Stolt Sea Farm S.A. pola forza, malia que o TSXG admitira a trámite um recorso contencioso administrativo apressentado polos veciños. O avogado ao cargo da representaçom dos vecinhos, que cobrou ao redor de 4000 Euros, foi Ramón Sabin Sabin.
Ao parecer UDNG quer investigar a tramitaçom do contencioso e insta a Plataforma Vecinhal e a ADEGA a trabalhar sobre a lei que regula os contenciosos e comparala cos seus dados.
Acerca de esta Entrada
You’re currently reading “A instruiçom Judicial dum casso importante para o pais (quizais prescrito), o Prestige. Um precedente para Quilmas?,” an entry on QUILMAS.COM
- Publicado:
- Febrero 5, 2009 / 7:17 pm
- Categoría:
- información
- Etiquetas:
- greenpeacebuzz
Uds. Tiene la Palabra
XHTML: Puede usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Recientemente
- 05.12 A cooperativa de cultivo ecológico vai para adiante …
- 02.05 A instruiçom Judicial dum casso importante para o pais (quizais prescrito), o Prestige. Um precedente para Quilmas?
- 01.06 A cooperativa Raiña Lupa, premio Osixeno 2008
- 09.25 Umha possivel verdade sobre a ampliaçom da piscifactoría da Stolt Sea Farm S.A. no Lugar de Quilmas, Carnota : um resumo da tramitaçom legal do proxecto.
- 09.10 Algúns links dispersos posteriores á aprobaçom do Plano de Aqüicultura de Galiza no Conselho da Junta do 28 de Agosto 2008
- 08.24 Non haberá nin ampliación da Rede Natura nin Plano de Ordenación do Litoral nesta lexislatura
- 08.18 Reunión conxunta da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica “Raíña Lupa”
- 08.07 As xorrnadas culturais de Quilmas foron un éxito de organización e asistencia.
- 08.04 O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola
- 07.18 Semana Cultural de ADEGA-Costa da Morte en Quilmas
Categorías
- alegacións (2)
- Greenpeace (2)
- información (69)
- informes (1)
- manifestación 17-02-2008 (5)
- Merda (1)
- os partidos (10)
- PREMIOS (1)
- protestas (9)
1 comentario
Ir al formulario de comentarios | comment rss [?] | trackback uri [?]