Incidentes nun mitin do BNG en Carballo

Chamada polos organizadores, a Garda Civil desaloxou aos membros da Plataforma Seiruga Limpa do Pazo de Cultura onde se se celebraba o acto. A noticia a dan A Voz de Galicia, Carballo Dixital e, no seu blog, Seiruga Limpa.

Lembramos, sen embargo, que a primeiros de Febreiro o BNG propuxéralle ao PSOE unha iniciativa conxunta para que non se construiran as piscifactorías de Seiruga, Camelle e Merexo, e o PSOE a rechazou.http://blogoteca.com/; http://anosaterra.org/. (Non hai noticias de que o BNG interesárase nunca pola situación en Quilmas.(http://lavozdegalicia.es/)).

Despois de rematar o acto de Carballo, os de Seiruga manifestaronse nun mitin do PP en Malpica.

Qué pasa na costa analiza nesta páxina o proxecto da piscifactoría de Seiruga (200.000 m2). Está incrustado, como o de Quilmas e o de Merexo, en terreos pertenecentes á Rede Natura 2000. Pero en Seiruga teñen ao seu favor que o seu proxecto é de nova creación. A Consellería prefire, como di no escrito de resposta ás alegacións, seguir construindo “en zonas xa degradadas” (“… hai que valorar positivamente o incremento de actividade produtiva en zonas xa degradadas (ou sexa, onde xa hai piscifactorías), fronte a alternativa que suporía crear máis novos espazos en zonas do litoral virxes”).

Anuncios

About this entry