Non é unha ampliación…

Ainda que seguiremos empregando o termo por inercia, en realidade é inexacto dicir que o que a empresa Stolt Sea Farm quere facer en Quilmas é “unha ampliación”. “Ampliar” unha cousa é facela máis grande, pero se o que se engade multiplica a cousa por dous, o máis exacto é dicir que a duplica; se a multiplica por tres, a triplica, etc. A Stolt quere multiplicar a actual piscifactoría por seis, sextuplicala, facer unha “sextuplicación”. E o goberno da Xunta, que acordou revisar o Plano Acuícola herdado do PP co propósito de impedir a construcción de novas instalacións nos terreos da Rede Natura, excluiu, sen embargo, do proceso de revisión as “sextuplicacións”, etiquetandoas como simples  “ampliacións”, e mesmo atribuíulles o rango de proxecto supramunicipal, antes de finalizar a revisión do Plano, para facilitar a súa tramitación: http://elpais.com/, http://vieiros.com/.

Unha “ampliación” pode ter impacto paisaxístico e ambiental ou non; unha “sextuplicación” ten que telos.

Nota.- Xosé Manuel Casais, portavoz da Plataforma de Quilmas, dinos que os datos da noticia son antigos, que segundo a última versión do proxecto a Stolt quere multiplicar as actuais instalacións por dez (25.000m2 X 10 = 250.000m2).http://www.gznacion.com/.


About this entry