Estreo en Ceé da película “A mariñeira de Quilmas”

No acto falaron a directora de producción, Mamen Quintas, o director, Antón Dombao, o actor César Cambeiro,  Pepe Penabade, que é un dos protagonistas, e o alcalde da localidade, Ramón Vigo. Os membros da Plataforma de Quilmas asistiron vestindo as camisetas vermellas co lema “Quilmas NON se vende” que levan nas manifestacións.http://quepasanacosta.com/

“A adaptación do conto orixinal de Darío Xohán Cabana, dunhas seis páxinas, é fiel, pero de igual xeito vese influída pola situación que viven a aldea e o porto de Quilmas, ameazados pola ampliación da planta acuícola prevista no Plano Acuícola da Xunta: nunha breve trama paralela, que transcorre na actualidade, faise unha pequena referencia ao conflito.” (http://www.vieiros.com/).
   

Anuncios

About this entry