Gaivotas

A Plataforma de Quilmas presentou onte ante o Seprona unha nova denuncia polo vertido de pensos e materia orgánica na praia de Corna Becerra.http://www.elcorreogallego.es/; http://quepasanacosta.com/.

Segundo a información que Adega facilita na súa páxina (http://www.adega.info/),a piscifactoría de Quilmas, como outras 27 piscifactorías galegas, carece ainda do permiso de vertido que é obrigatorio segundo os artigos 56-62 da Lei 22/1988 de 28 de Xullo, de Costas, e ten que concederse con anterioridade á licencia municipal de obras:

“Artígo 58.
1. Entre as condicións a incluir nas autorizaciones de vertido deberán figurar as relativas a:
Prazo de vencimento, non superior a trinta anos.
Instalacións de tratamento, depuración e evacuación necesarias, establecendo as súas características e os elementos de control do seu funcionamento, con fixación das datas de iniciación e terminación da súa execución, así como da súa entrada en servicio.
Volumen anual de vertido.
Límites cualitativos do vertido e prazos, se proceden, para a progresiva adecuación das características do efluente aos límites impostos.
Avaliación dos efectos sobre o medio receptor, obxetivos de calidade das aguas na zona receptiva e previsións que, en caso necesario, se haxan de adoptar para reducir a contaminación.
Canon de vertido.”

A piscifactoría de Quilmas leva, pois, máis de 20 anos funcionando sen ter marcados límites legais ás súas emisións contaminantes.

As augas procedentes do circuito produtivo que se verten ao mar nestas condicións están facendo desaparecer moitas especies na zona, xa que matan ás crías e impiden o desenvolvemento das algas, e provocan a proliferación de animais coma as gaivotas ou os muxos, que van alimentarse dos residuos.

Estas gaivotas foron fotografíadas preto dos desaugadoiros da Stolt en Quilmas.

Anuncios

About this entry