Irregularidades laborais na Stolt Sea Farm

En Xaneiro deste ano o Xulgado do Social número dous de Compostela declarou nulo o despido de Xoaquín Casais Rubio, presidente do Comité da Stolt Sea Farm e afiliado á CIG.

A Stolt leva despedidos de xeito improcedente 17 empregados nos últimos catro anos, 11 deles no departamento de hatchery (criadero) da planta Quilmas, onde traballaba Casais. As presións para incrementar os ritmos de traballo, principalmente neste departamento da instalación de Quilmas, fan que moitos traballadores causen baixa psicolóxica.

Despois de varias denuncias, Inspección de Traballo requiriu á empresa o cumprimento da legalidade ó respecto do calendario laboral, o dereito á folga, as medidas hixiénicas para os empregados e os pagos aos vixilantes de seguridade. http://xornalgalicia.es/,http://seirugalimpa.blogspot.com/.

Outro indicio da política laboral da Stolt é o feito de que o grupo se comprometa a dar prioridade, á hora de seleccionar o personal non cualificado que contratará para as granxas, a quen venda voluntariamente os terreos nos que quere construir.http://lavozdegalicia.es/.

A nulidade do despido de Casais foi ratificada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galiza en Maio http://www.lavozdegalicia.es/.


About this entry