Pesca modifica o Plano Acuícola

Nunha intervención confusa, na que se mesturaron decisións tomadas xa fai tempo con outras novas, o director xeral de Acuicultura e Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, anunciou por sorpresa no Parlamento, en resposta a una pregunta do BNG, que Pesca eliminará dúas piscifactorías do Plano e reducirá as dimensións doutras catro.

As plantas suprimidas son as de Ardía (O Grove) e Couso-Aguiño (Ribeira). As que reducen o seu tamaño son as de Orelludas, Mougás (Oia), Seráns (Porto do Son) e Lago (Xove).

A planta de Couso-Aguiño estaba prevista no entorno do complexo dunar de Corrubedo e recibira unha forte contestación social. A de Ardía estaba nunha zona incluída na Rede Natura.

Garcia Elorriaga insistiu en que as granxas mariñas “non se poden parar” e desvinculou os cambios das protestas feitas pola Plataformas durante a campaña.http://elpais.com/, http://quepasanacosta.com/.

Para Bieito Lobeira, Portavoz de Pesca do BNG, “é un avance que se tivesen en conta as alegacións a estas plantas, pero tamén se deben suprimir as piscifactorías de Laxe Brava, A Xandriña, Arou-Camelle e Seiruga”.http://anosaterra.org/.

Adega e Galiza NON se vende consideraron os cambios insuficientes e cualificaron as modificacións como “unha tomadura de pelo”.
http://www.vieiros.com/;http://anosaterra.org/;http://elprogreso.galiciae.com/.

O plano acuícola encóntrase á espera do informe de sustentabilidade ambiental que está á elaborar a Consellería de Medio Ambiente.

Anuncios

About this entry