Espeleólogos vigueses descubren no Pindo restos da Idade de Bronce

O xacemento consta de nove fragmentos cerámicos e é o primeiro atopado no monte Pindo. Os descubridores foron espeleólogos do Clube Maúxo de Vigo, que acharon os anacos á vista, no interior dunha cova, mentres preparaban un Congreso o ano pasado. Como, malia ter dado parte á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a catalogación do lugar ainda non se producira, os membros de Maúxo procederon ao rescate documentado dos restos para evitar que se deteriorasen e entregaronos hoxe en depósito ao Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón, na Coruña.

O secretario do Clube, Xabier Groba, expresou o seu desexo de que algún arqueólogo asuma a tarefa de “escavar en serio”.
http://lavozdegalicia.es/, http://jlgalovart.blogspot.com/.

Anuncios

About this entry