Video dos vertidos da piscifactoria da Stolt Sea Farm na praia de Corna Becerra, en Quilmas.

O pasado sábado a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas presentou unha nova denuncia polo vertido de pensos e materia orgánica na praia de Corna Becerra.

Análises realizadas polo laboratorio  de Química Análitica, Nutrición e Bromatoloxía da USC e o laboratorio do Departamento de Enxeñería Química da Universidade da Coruña revelan un altísimo grao de contaminación das augas, que chega a multiplicar por 138 os valores permitidos nalgúns parámetros.

Os fosfatos nos vertidos superan en 10 veces os límites legais; os compostos nitroxenados en 27 veces; a cantidade de materia orgánica total sobarda en 69 veces os valores máximos; e o consumo de osíxeno e a taxa sólidos en suspensión multiplica por 138 a máxima legal.(http://www.adega.info/).

O video, que foi gravado o sábado, da idea do caudal que poden chegar a ter os vertidos e mostra a ausencia de filtros á saída dos colectores.

A praia de Corna Becerra é parte da rede Rede Natura 2000.

Anuncios

About this entry