Haberá accións legais contra o Plano Acuícola, se se aproba

Nunha roda de prensa celebrada onte en Compostela membros da asociación ecoloxista Adega e as Plataformas Veciñais de Corrubedo e Quilmas declararon que, se chega a aprobarse, levarán o Plano Acuícola ante os xulgados e esixiron a súa retirada e a apertura dunha mesa de negociacións con representación dos movementos sociais, a patronal e a administración.

Tamén cualificaron as modificacións anunciadas pola Consellería de Pesca coma un mero “maquillaxe electoral” por supoñer unha modificación de menos do dez por cento (225.000 m2) dos 3.000.000 de m2 que contempla o Plano e non afectar ás plantas con máis contestación social e máis dañinas, coma Laxe-Brava, Quilmas, Lira, Merexo e Seiruga.

O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, confirmou que continuarán as movilizacións e anunciou a presentación en breve no Parlamento de Galiza dunha Iniciativa Popular en Defensa do Litoral.http://www.elcorreogallego.es/, http://www.anosaterra.org/,http://vieiros.com/,http://www.galizahoxe.com/.

Pesca insistiu no respeto medioambiental do Plano e en que xa se atenderon as alegacións “serias e razonables”.http://www.europapress.es/, http://elcorreogallego.es/.

Anuncios

About this entry