Touriño e Carme Gallego manteñen puntos de vista diferentes respecto a se o Plano Acuícola é susceptible ou non a novas modificacións

Touriño declarou o xoves que o Plano Acuícola non estaba ainda pechado, senon que se atopaba “en trámite” e será “debatido e reflexionado para escoitar os diferentes criterios e opinións…”http://www.elcorreogallego.es/, http://galiciae.com/.

A Conselleira de Pesca dixo un día despois en Vigo que cre que “a partir de agora non haberá modificacións importantes, ainda que o plano está a expensas do que digan as Consellerías de Medio Ambiente e Política Territorial”.http://www.elpais.com/http://www.galiciae.com/.

O Plano, que arrancou en Decembro do 2006 co obxectivo de localizar na costa galega lugares adecuados para o cultivo de peixes, xa saíu da Consellería de Pesca. Foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, que deberá emitir un informe de sostenibilidade ambiental; despois pasará á Consellería de Política Territorial; finalmente deberá ser aprobado polo Consello da Xunta.

Anuncios

About this entry