Marisol Soneira fai unha acesa defensa das instalacións acuícolas proxectadas na Costa da Morte

Nun texto publicado en http://www.camariñas.eu/ e redactado a raíz das protestas que suscitou unha conferencia súa en Camelle, Marisol Soneira, deputada autonómica e concelleira socialista en Camariñas, precisa (i) que o prezo das fincas onde se instalarán as plantas é negociable, (ii) que os terreos non pasan a ser propiedade da empresa instalada, como no Plano aprobado polo PP, senon que son obxecto dunha concesión temporal, (iii) que os proxectos de construcción deberán pasar por “filtros paisaxísticos e ambientais”, (iv) que as fincas non se expropian sen maís, senon que os propietarios recebirán notificación do espacio afectado e serán citados a negociar o precio das súas leiras e (v) que os que se queixan son persoas alléas á Costa da Morte, que queren convertila nun “parque temático”.

Compara a ocupación da costa polas granxas ao “feísmo” e xustifica a necesidade da acuicultura polo esgotamento dos recursos pesqueiros.

No principio do escrito afirma que as piscifactorías proxectadas en Camelle, Merexo e Quilmas “non afectan á Rede Natura nin a ningun espacio con protección ambiental.”


About this entry