A Xunta di que non retirará a piscifactoría de Seiruga do Plano Acuícola

En resposta a una pregunta presentada polo voceiro de pesca do PP, Xosé Manuel Balseiro Orol, o secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel Anxo López Sieiro, confirmou que pese ás alegacións presentadas e ás protestas veciñais a Xunta non ten previsto modificar os seus planos iniciais.

Respondendo ás outras partes da pregunta, López Sieiro dixo que en Seiruga foron presentadas alegacións polo Concello e polos veciños, pero as dos veciños foron desestimadas por non presentar enderezo, e que todos os informes elaborados polos distintos departamentos implicados foron favorabels, ainda que Patrimonio precisou que debe respetarse a zona do Castro de Entretorres.http://quepasanacosta.com/;http://www.lavozdegalicia.es/.

O PP anunciou que presentará unha proposición non de lei para que Malpica sexa excluída do Plano e instou aos representantes do BNG a apoiar a súa votación.http://www.lavozdegalicia.es/.


About this entry