“Non cabe esixir supeditación ningunha” do Plano Acuícola á Lei de Protección da Paisaxe.

O Consello da Xunta aprobou o xoves o proxecto de Lei de Protección da Paisaxe. Cando a norma entre en vigor obrigará a someter a un estudio de impacto paisaxístico todos os proxectos que legalmente estean suxeitos á declaración de impacto ambiental. http://www.elpais.com/,http://www.lavozdegalicia.es/.

É unha decisión evidentemente positiva e podería supor a solución do problema.

Desgraciadamente o máis probabel, segundo a Consellería de Pesca, é que este non sexa o caso dos proxectos incluídos no Plano Galego de Acuicultura, que, aparentemente, quedarán excluídos do dominio da nova Lei : “O Plan ten en conta e incluso contribúe ao desenvolvemento da normativa vixente pero non cabe esixir supeditación ningunha a desenvolvementos lexislativos como é o caso da Lei Paisaxística de Galicia” (Punto 14 do escrito de resposta ás alegacións presentadas polos veciños).

Se a Lei non estaba redactada cando se fixeron os proxectos, estes non podían anticipala, por suposto, pero xa que hai unha Lei reguladora e son problemáticos, cremos que deberían someterse aos trámites que a Lei prescribe (un estudio do seu impacto paisaxístico) http://www.ces-galicia.org/ (o ditame da Lei de Protección da Paisaxe de Galicia).


About this entry