Comezan a xuntarse os terreos para o proxecto de agricultura ecolóxica

Técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería de Medio Rural, aconsellaron que o primeiro paso para concretar o proxecto de agricultura ecolóxica que a Plataforma Veciñal de Quilmas propón como alternativa á piscifactoría sería xuntar todos os terreos afectados pola ampliación nunha Comunidade de Bens cuns estatutos propios, e que os propietarios, sen perder a titularidade das terras, as cederan ao proxecto.

O pasado venres tivo lugar no local da Plataforma a primeira xuntanza de propietarios e procedeuse á identificación das fincas.http://quepasanacosta.com/.


About this entry