Mobilización sorpresa contra o plano de acuicultura. A dous meses da denuncia dos vertidos da piscifactoría da Stolt Sea Farm en Quilmas O Seprona e Augas de Galiza néganse a facilitar os resultados das análises realizadas


Os veciños afectados pola construcción das piscifactorías da Costa da Morte mobilizaronse hoxe 30 de Abril de 2008 diante da piscifactoría de Quilmas para protestar pola falta de información acerca do vertido denunciado por ADEGA e máis a Plataforma de Quilmas o pasado 3 de marzo de 2008. (Información sobre a denuncia e un video dos vertidos poden atoparse na páxina tres deste blog).

O vertido, que incluía grandes cantidades de pienso, procedía da piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas e foi denunciado ante o Seprona, os axentes do cal, desprazados naquel momento, realizaron unha toma de mostras do pienso e da auga que saía do tubo de vertido da piscifactoría.

Pasados dous meses dende a denuncia e un dende a solicitude dos resultados das análises, nin ADEGA nin os veciños recibiron ainda esta información, que a Administración está obrigada a proveer pola Lei 27/2006 de Información Ambiental.

ADEGA enviou con data de hoxe unha queixa ao Valedor do Pobo denunciando o feito.

O texto da queixa pode lerse eiquí.
http://quepasanacosta.com/,http://www.galicia-hoxe.com/.


About this entry