O bipartito rexeita unha proposición non de lei popular solicitando a retirada do Plano Acuícola

O PSG-PSOE e o BNG votaron onte na Comisión de Pesca do Parlamento contra unha proposición non de lei do PP que se solicitaba a retirada do Plano Galego de Acuicultura.

A proposición popular solicitaba tamén que, no caso de non aceptar dita retirada, se eliminara do mesmo o parque emprazado na localidade de Seiruga, en Malpica de Bergantiños.

Segundo José Manuel Balseiro, voceiro de Pesca do Grupo Popular, a postura do BNG “apoiando a titulo particular e de portas afora do Parlamento” a supresión do parque acuícola de Seiruga contrasta frontalmente có seu proceder “á hora de darlle ao botón no momento de votar no Parlamento”.

O PP sinala que o Plano Acuícola do goberno conta con 1.044 alegacións, mentres que o anterior Plano de Tecnoloxía Alimentaria artellado polo PP tan só recibira 3 e avoga pola retirada do Plano e o restablecemento do diálogo entre o sector e as partes implicadas “de tal xeito que o novo mapa acuícola cumpra coas expectativas do sector e poida contar co respaldo necesario”.
http://quepasanacosta.com/, http://www.lavozdegalicia.es/.


About this entry