A CIG demanda á Stolt que se sente a negociar o convenio colectivo


A Confederación Intersindical Galega (CIG) pediu á dirección da Stolt Sea Farm un cambio de actitude para negociar o convenio, un proceso que “dura xa un ano e cinco meses”, segundo Xabier Santos, responsabel da Unión Local de Ceé.

A nota de prensa feita pública pola CIG sinala que os traballadores teñen conxelados os seus salarios dende 2006, mentres “a empresa se embolsa beneficios millonarios (máis de 11 millóns no 2006 e preto de 15 no 2007 pendentes de datos oficiais que a empresa aínda non entregou o comité)”. ” A Stolt Sea Farm S.A. practica unha política laboral represiva, de acoso continuo nalgúns departamentos, continuas cartas de apercibimento os traballadores, estrés laboral … e un nº de despedimentos sen precedentes en ningunha empresa da comarca (18 nos últimos 4 anos) … que leva a que algúns traballadores decidan non renovar os seus contratos ou soliciten a baixa voluntaria. É inadmisíbel cunha empresa que ven percibindo importantes cantidades económicas tanto da U.E. como da Xunta de Galiza a través das correspondentes Consellerias …, incluso dos Concellos, … practique nos últimos anos unha política laboral tan vergoñenta”, engade.

A nota conclúe anunciando unha campaña de contactos e información coas distintas Administracións, para pór en coñecemento das mesmas a política laboral que se está a dar nos Centros de Traballo da empresa. http://www.elcorreogallego.es/,http://quepasanacosta.com/,http://www.galizacig.com/.

Anuncios

About this entry