A Memoria Ambiental do Plano Acuícola da Consellaría de Medio Ambiente recoñece os graves impactos do Plano, pero non obriga a Pesca a subsanalos

Medio Ambiente ven de presentar a Memoria Ambiental do Plano Acuícola, resultado da avaliación ambiental estratéxica. A Memoria sinala as graves eivas do Plano Acuícola, xa denunciadas pola asociación ecoloxista ADEGA e outras institucións e particulares nas máis de 1000 alegacións presentadas. Medio Ambiente aponta que faltan estudos sobre o impacto na paisaxe, nos hábitats e especies protexidas, na agricultura e gandería, pesca e marisqueo, turismo, emprego e desenvolvemento local…etc., e considera insuficientes as medidas de seguemento e control propostas. En resumo: o Plano Acuícola resulta insustentábel. Sen embargo, en vez de obrigar a Pesca a subsanar as súas carencias, a Consellaría de Medio Ambiente da o seu visto bon ao Plano, limitándose a diferir a incorporación das cautelas necesarias (ambientais, socioeconómicas, patrimoniais etc…) á fase de formulación dos proxectos sectoriais de cada instalación, é dicir, a agardar a que as empresas presenten os seus proxectos para daquela poñerlles parches.

ADEGA e as plataformas en defensa do litoral cualificaron o feito como un insulto e unha burla á cidadanía, e un exemplo da submisión da consellaría aos intereses das transnacionais.
http://www.adega.info/, http://www.elpais.com/, http://www.lavozdegalicia.es/, http://www.galicia-hoxe.com/.

Anuncios

About this entry