Rolda de prensa en Compostela de Adega e as Plataformas Veciñais de Corrubedo, Camelle e Quilmas

Nunha rolda de prensa celebrada onte en Compostela ADEGA e as Plataformas mostraron a súa disconformidade coas últimas declaracións do secretario xeral de Pesca, Miguel López Sieiro, e a actitude da Xunta de proseguir co Plano Acuícola, e criticaron que Medio Ambiente, malia a sinalar os graves impactos derivados da planificación acuícola de Pesca, permita que o Plano siga adiante.

Xosé Manuel Casais, voceiro da Plataforma de Quilmas, avisou de que “haberá que revivir outras Encrobas, se é necesario”.

A Plataforma Veciñal de Merexo, pola súa banda, fixo pública unha nota de prensa na que denuncia a política laboral da Stolt, lembra que tralas peticións feitas por mor dos achádegos arqueolóxicos realizados na Punta de Urxeira a administración non ten feito prospección algunha para catalogar o valor dos restos da fortaleza, e afirma que levar a cabo o proxecto da piscifactoría mataría o seu pobo. Cualifica as palabras de López Sieiro, nun momento no que o Tribunal Superior de Xusticia de Galiza ven de admitidir a trámite o recurso contencioso administrativo presentado polos seus representantes legais contra o escrito de resposta no que a Consellaría de Pesca desestimaba ás súas alegacións, como unha “falta de sensibilidade para coas institucións xudiciais”.
http://quepasanacosta.com/

O secretario executivo de Adega anunciou que a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en Defensa do Litoral está a piques de presentarse no Parlamento.

Anuncios

About this entry