A Stolt ven de solicitar permiso de vertedura para as granxas de Lira e Quilmas, abertas hai máis de 20 anos

Os documentos nos que a firma luxemburguesa solicita a autorización para as piscifactorías de Lira e Quilmas estiveron en exposición pública no concello de Carnota ata o día 25 de Maio.

No referente a Quilmas, a Stolt reclámalle a Augas de Galiza un permiso de vertedura de máis de 48 millóns de metros cúbicos ao ano para augas residuais industriais, e de case 2000 m3 para aguas fecais.

ADEGA xa puxera en coñecemento da Xustiza que ningunha das 27 piscifactorías presentes no litoral galego contan con permiso de vertedura. As augas que bota directamente ao mar a piscifactoría de Quilmas son en algún parámetros 138 veces máis contaminantes que os máximos legais permitidos.

http://www.galicia-hoxe.com/, https://quilmas.wordpress.com/2008/03/05/video/,https://quilmas.wordpress.com/2008/03/02/gaivotas/.

Este é un video dos vertidos da Stolt en Camariñas:

Anuncios

About this entry