A CIG responde ao Presidente da Stolt

Hai uns días o presidente da Stolt Sea Farm facía unhas declaracións defendéndo á empresa ante o estacamento do convenio colectivo e culpando aos sindicatos da demora.

Nunha nota de prensa ao respecto, A CIG lamenta o contido destas declaracións e di que estima que con máis de 20 reunións de negociación do convenio durante o ano 2007, a mediación da Directora Xeral de Traballo, e unha folga, non se pode tildar a situación de paralisis. Tamén precisa que o presidente non se reuniu nin unha soa vez co comité de empresa, a pesar de terlle sido solicitado por escrito que reconducira a situación tanto no referente á negociación do convenio como á política laboral de acossos e despidos.

Ao dicir da CIG, a Stolt pretendeu desestabilizar as eleccións sindicais, despedindo o cabeza de lista da CIG (despido que despois foi ratificado como nulo polo T.S.X.G.), e presentando unha lista de “INDEPENDENTES” con catro membros coa categoría de Técnicos e Técnicos Superiores e responsabilidades na empresa (O Subdirector de mantemento, A Responsable de Hatchery, o departamento co maior número de despidos, O Xefe do departamento de Lenguado e unha Tec. Sup. de Admón).

A Inspección de Traballo ten amonestado á Stolt por Vulneración do Dereito á Folga e Reunión e recoñecido os feitos de varias denuncias presentadas por incumprimentos laborais.
http://quepasanacosta.com/.


About this entry