A Plataforma de Quilmas organizará unha actividade de compostaxe caseira e un curso de agricultura ecolóxica en Xuño; en Agosto haberá unha exposición fotográfica nos terreos previstos para a ampliación da piscifactoría

A Plataforma pola defensa do patrimonio cultural de Quilmas participou o pasado sábado 7 nas “V Xornadas Limpando as nosas rías” en Fisterra, organizadas pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega). As xornadas pretenden limpar as rías galegas e concienciar da necesidade de coidar o entorno mariño. Quilmas tamén estivo presente nas xornadas de limpeza e concienciación de Corcubión.

Pola súa parte, a Plataforma de Quilmas ten varias actividades planeadas para xuño e agosto:

– O vindeiro 12 de xuño ás 17:00, o local da asociación acollerá unha actividade teórico-práctica de compostaxe caseira. A actividade está organizada por Adega-Costa da Morte.

– Outra iniciativa da Plataforma, a Cooperativa de Explotación Comunitaria da Terra Raíña Lupa, está a organizar un curso de agricultura ecolóxica que se impartirá a finais deste mes de xuño. A inscrición está aberta a toda a bisbarra. Para máis información pódese chamar ao 687 531 513.

– Os vindeiros 1, 2 e 3 de Agosto organizarase unha exposición fotográfica na zona onde se ten previsto instalar a piscifactoría e onde foi rodado o telefilme A mariñeira de Quilmas. Unha das casetas encherase de fotografías antigas e proxectarase a película.

A comunidade de Bens xa está case organizada e todas as terras encadradas na área da ampliación da piscifactoría xa están postas en común para comezar a traballalas.

http://quepasanacosta.com/.

Anuncios

About this entry