A documentación remitida polo Valedor evidencia que a Consellaría de Pesca informou a esta institución de que a Plataforma de Merexo non presentara alegacións ao Plano Acuícola

Sen embargo, a primeiros de Maio o Tribunal Superior de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso administrativo presentado pola Plataforma de Merexo sobre a resposta dada pola Consellaría ás súas alegacións.
https://quilmas.wordpress.com/2008/05/09/.

Noutro informe, a Consellaría de Medio Ambiente indica ao Valedor que “con relación á granxa mariña de Merexo non existe constancia nesta Dirección Xeral que se teña iniciado ningún prodecemento de ampliación”, pero dita ampliación é de dominio público desde que se expuxo o Plano.

A Plataforma Veciñal de Merexo fixo pública unha nota de prensa dicindo que pensa incluir esta documentación nun informe que esta a elaborar a súa asesoría xurídica. http://quepasanacosta.com/.


About this entry