Comezou o curso de agricultura ecolóxica organizado pola cooperativa de explotación comunitaria da terra “Raíña Lupa” de Quilmas

Despois do primeiro curso de compostaxe caseiro o luns 23 de Xuño comezou, tamén impartido no local da Plataforma, o curso de agricultura ecolóxica, que foi un dos primeiros concedidos pola Consellaría do Medio Rural. A primeira clase correu a cargo de Lucía Ferreiro Fernández, enxeñeira agrícola. O martes 24 tratouse o tema da loita biolóxica contra as plagas e enfermedades. O próximo luns 30 comezarán as prácticas de horta nos terreos veciñais.
http://quepasanacosta.com/.

Anuncios

About this entry