O Diputado Bieito Lobeira presenta no Parlamento unha pregunta sobre a política laboral da Stolt Sea Farm

Lobeira quere saber qué axudas públicas recibiu a compañía desde o ano 2000 ata hoxe e a especificación das cantidades percibidas. Tamén pregunta qué medidas ten previsto adoptar o Executivo galego «en defensa do principio de xeración de traballo digno», un dos requisitos nos que se fundamenta a concesión das axudas, nos centros de traballo da empresa.

Na súa exposición de motivos, explica que a Stolt «está a practicar unha política laboral agresiva contra o seu cadro de traballadores. Nos últimos tempos foron despedidos vinte (…) e existen denuncias por acoso laboral, ademais de perda de poder adquisitivo, con salarios conxelados dende ou ano 2006».

“É paradóxico”, di, “que unha empresa que recibe cuantiosos fondos públicos, xestionados desde a Consellería de Pesca, para desenvolver a súa actividade, manteña unha política laboral como a descrita, que mesmo contraría os principios, coma o de xeración de emprego digno, que fundamentan a súa concesión».
http://www.lavozdegalicia.es/.


About this entry