Estánse xa a traballar as terras da comunidade de bens nos terreos nos que se prevé a ampliación da piscifactoría

Os traballos de campo do curso de agricultura ecolóxica comezaron o martes. A parcela que se traballa está incluída na área onde se pretende construir a ampliación da piscifactoría e forma parte da comunidade de bens creada entre os veciños.Plantouse un horto con productos propios na agricultura tradicional galega: leitugas, fabas, tomates e repolos.

Adega di o seguinte acerca deste paso na súa paxina de novas: “Con esta iniciativa, os veciños de Quilmas desafían a pretenciosa visión das grandes explotacións piscícolas como única e exclusiva opción de desenvolvemento das pequenas localidades costeiras, argumento que cae polo seu propio peso en canto os proxectos acuícolas conseguen asentarse nas ditas localidades (…): Nunca se xeran os postos de emprego prometidos, os conflictos laborais aumentan cada vez máis, non é certo que non contaminen e, para colmo, arruinan unha das maiores potencialidades económicas e sociais das paraxes privilexiadas onde se instalan, o turismo común ou natural, por non falar xa da destrución directa e irreversíbel do conxunto ecolóxico, que pasa a estar cuberto por inmensas extensións de formigón e instalacións industriais.”

http://quepasanacosta.com/, http://adega.info/.

Anuncios

About this entry