Despois dun ano e sete meses sen chegar a un acordo sobre o convenio colectivo, a Stolt presenta outra proposta insatisfactoria

Despois dun ano e 7 meses co convenio colectivo paralizado e os soldos conxelados, a Stolt Sea Farm S.A. presentou a finais de xuño unha nova proposta: que os seus traballadores renuncien ao complemento por antigüidade a cambio dun aumento do 5% máis o IPC (4,2%) para o 2007, e do 0,40% máis o IPC para os anos 2008 e 2009.

Os beneficios da empresa nos anos 2006 e 2007 superaron os 10 millóns de euros por ano.

Dende a Federación Agroalimentaria de CC OO denuncian que a multinacional está a presionar o persoal que ten en Galicia con ameazas e despedimentos para que se pregue ás súas esixencias na negociación do convenio.

As subvencións millonarias de diñeiro público das que se beneficia a Stolt non revirten nin na calidade do emprego nin no peto dos traballadores.

http://quepasanacosta.com/.

Anuncios

About this entry