Semana Cultural de ADEGA-Costa da Morte en Quilmas


ADEGA-Costa da Morte e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas organizan diversas actividades (dous roteiros, un concerto e unha proxección) a fin de semana do 2 e 3 de agosto de 2008.

PROGRAMA do SÁBADO, 2 DE AGOSTO
-Roteiro á Moa: saída as 12.00 dende a fonte de Quilmas (Carnota) e baixada ás 16.00 ao Porto de Quilmas.
Levar comida e roupa cómoda.

– Ás 20:00, degustación de empanadas e tortillas para tódolos os asistentes,

-Ás 22.30, no Porto de Quilmas, concerto de Cantigas Medievais Galegas por Paulina Ceremuzynska.

PROGRAMA do DOMINGO, 3 DE AGOSTO
Roteiro marítimo pola Costa da Morte: saída ás 11.30 do Porto de Quilmas no barco de recreo “Gran Cala” para facer un percorrido pola costa dende Muros a Fisterra.
Desembarcarase nas Illas Lobeiras, onde se xantará. Ás 19.00 saída cara ao continente, rumbo ao Porto de Quilmas.
Prezo de inscrición 12 E.
Levar comida, bebida e bañador.

-Ás 22.30 Proxección da película “A mariñeira de Quilmas” no Porto de Quilmas, no mesmo galpón ao carón do porto onde foi rodada.

É IMPORTANTE APUNTARSE PREVIAMENTE no 687 531 531
As persoas que desexen quedar a dormir poden solicitar información no mesmo telefone.
http://quepasanacosta.com/, http://www.adega.info/.

Anuncios

About this entry