Umha possivel verdade sobre a ampliaçom da piscifactoría da Stolt Sea Farm S.A. no Lugar de Quilmas, Carnota : um resumo da tramitaçom legal do proxecto.

Umha primeira versom do artigo, (até o “addendum”, que nom se incluia) foi publicada inicialmente, firmada pola U.D.N.G. em http://galiza.indymedia.org/. A versom actual foi enviada a a Adega, Greenpeace, o BNG de Carnota, o Correo Gallego, A Nosa Terra, o director e a secçom de noticias de Vieiros, Nos-Unidade Popular, o enderezo do Blog do Sr. Anxo Quintana e Galicia Non se Vende.

“Os autores pensam que a Stolt, que nom conseguira comprar todos os terreos da parcela onde quería instalarse, nom tinha direito legal a ser autorizada a ampliar, nem podía fazelo, e que o Conselho da Junta aprovou a incidencia supramunicipal do projecto co único objecto de fazer possiveis as expropiaçons. Também quereríam aceder “á documentaçom complementaria para a tramitaçom da autorizaçom da ampliaçom” que suspeitam que era deficitaria e nom acreditava suficientemente que a empresa fosse a titular das terras. Engadem que segundo o ponto 1, 5, 3 do Decreto 80/2000 do 23 de Março, que regula “os planos e projectos sectoriais de incidencia supramunicipal”, nom é possivel fazelos em solo de especial protecçom se som incompativeis cos valores protegidos, e que a aprovaçom definitiva da incidencia supramunicipal do projecto de ampliaçom da piscifactoría da Stolt em Quilmas deveu fazerse aos tres messes da primeira aprovaçom e está fora de qualquer prazo, num “limbo administrativo”. Temem que o governo podería querer dalo por aprovado “em conjunto”, co resto do Plano. Num “addendum” sugirem que conforme a Lei 23/1984 de 25 de Xullo de Cultivos marinos (estatal) cabería a possibilidade de que a normativa espanhola nom permitisse o outorgamento de autorizaçons e concessons para a actividade aqüicola a empresas que nom fossem nacionais, denunciam que a última “transmissom do permisso de actividade” da piscifactoría de Quilmas, de Martesanal á Stolt, podería ter sido feita sem solicitude de autorizaçom previa á Conselhería e nom aparece aprovada no DOG, o que, segundo o apartado h) do artigo 72 da Lei de Pesca de 1993, da Junta, e os Decretos que a desenvolvem, levaría á extinçom da autorizaçom, e precissam que, contra as pretensons da Stolt, o prazo máximo para a duraçom das autorizaçons e concessons para a realizaçom de actividades aqüicolas é de 30 anos”.

A Stolt Sea Farm S.A. é umha empresa luxemburguesa que acha conveniente para os seus propósitos, á qual lhe convem económicamente, estabelecerse em Galiza.

Tinha projectado construir granjas em Corrubedo e em Camariñas, porém os terreos em que projectara fazelo estavam incluídos na Rede Natura e o governo do Sr. Touriño ofreceulhe coma localizaçons alternativas Quilmas e Baroña.

Nas alegaçons presentadas por Greenpeace á declaraçom polo Conselho da Junta do caracter supramunicipal do projecto de ampliaçom da piscifactoría de Quilmas dita organizaçom cita os jornais O Pais e ABC, e dao por certo:

“Así, en el diario El País de fecha 16 de febrero de 2007 puede leerse:

“Las ubicaciones de las granjas en Quilmas y Baroña son las alternativas ofrecidas por la Xunta a Stolt Sea Farm después de que se paralizasen su proyectos en áreas de Corrubedo y Camariñas que estaban incluidas en Red Natura.”

En el diario ABC de la misma fecha se lee:

“Las dos plantas [ampliación de una granja integral de rodaballo en Quilmas, en el Ayuntamiento de Carnota, y la construcción de otra en Costa Galloufa, en Porto do Son] son proyectos alternativos que sustituyen a los que inicialmente tenía programados la multinacional noruega en Punta do Corno (Camariñas) y Corrubedo, al amparo del programa elaborado durante el mandato del PP.”

Nestas alegaçons Greenpeace analisa a documentaçom aportada pola Stolt para que o seu projecto de ampliaçom da piscifactoría de Quilmas fosse declarado “de incidencia supramunicipal” (é dizer, dumha utilidade que vai maís alá dum só concelho) e nom acha justificaçom algumha.

Nos pensamos que a temos.

O decreto que regula o procedemento de obtençom do permiso e concessom de actividade para os estabelecementos de aquicultura e auxiliares de aquicultura na zona terrestre nas datas nas que a Stolt comezou tramitar a ampliaçom da granja de Quilmas (máis ou menos o ano 2006) é o Decreto 274/2003 do 4 de Junho,que aparece publicado no DOG do Luns 9 de Junho do 2003. O seu artigo 8 dispom no apartado 2, letra b) que á solicitude deberá xuntarse documentaçom que acredite “a titularidade dos terreos” nos que quer instalarse, e que “se o solicitante non fose o titular deles”, “deberá achega-la documentación que acredite o réxime de ocupación dos mesmos e na que se inclúa a autorización expresa do seu titular para instala-lo establecemento e dedicalo á actividade acuícula solicitada durante, como mínimo, o período de vixencia do título administrativo habilitante”. A Stolt (que nom quer ampliar, quer multiplicar por 11 a piscifactoría que agora tem), nom conseguira comprar todas as leiras que componhíam a parcela em que quería instalarse, porque havía vizinhos que nom quixerom vender. Nom podía, polo tanto, cumplir essa exigência do decreto de autorizaçom de instalaçom: nom tinha, pensamos, a titularidade dos terreos. Entom, o governo de Touriño, que lhe ofrecera Quilmas coma “localizaçom alternativa”, aprovou, a instancias do Conselheiro de Pesca, num Conselho da Junta, o caracter supramunicipal de projecto co único objecto de que pudesse expropiar.

O Conselho da Junta que aprovou a “incidencia supramunicipal” da ampliaçom da piscifactoría de Quilmas tivo lugar o 15 de Fevereiro de 2007. Doze dias máis tarde o DOG do martes 27 de Fevereiro de 2007 publica um anuncio da “Dirección General de Recursos Marinos” polo que “se someten a información pública el proyecto del establecimiento y documentación complementaria para la tramitación de autorización de la ampliación, el proyecto sectorial de incidencia supramunicipal y el estudio de impacto ambiental para la ampliación de una granja marina de engorde de peces planos en Quilmas, Carnota, a Coruña, promovida por Stolt Sea Farm S.A.” Suspeitamos que “a documentaçom complementaria para a tramitaçom da autorizaçom da ampliaçom” era deficitaria, nom acreditava suficientemente que a empresa fosse a titular dos terreos. Sería bo acceder a ela, pero nom cremos que a política de transparencia da Junta de Galiza chegue a tanto. Por qué nom expuxerom publicamente o projecto sectorial de incidencia supramunicipal sem máis? Nom sabemos. Quizáis se trabucaron. Ou lhes deu vergonha.

Há máis. Resulta que o Decreto que regula “os planos e projectos sectoriais de incidencia supramunicipal” é o Decreto 80 / 2000 do 23 de Março (publicado no DOG do Luns 17 de Abril do 2000), e no apartado 3 do artigo 5º do seu capítulo 1º dispom:

“No solo rústico de especial protección quedan prohibidas as actuacións que resulten incompatibles cos seus valores ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, culturais, ou calquera outro que sexa objecto da protección outorgada ou coas proteccións derivadas da lexislación sectorial de aplicación”.

O solo em que está projectada a ampliaçom da piscifactoría está calificado coma “de especial protecçom paisaxística”, e um complexo de piscinas de cemento para cría e engorde de peixe cumha ocupaçom de 200.000 m2 provavelmente seja incompativel co “valor paisagístico” objecto da protecçom outorgada.

Tanto faz… Dado o estado da legislaçom galega, suponhemos que haverá outra disposiçom contraria em algures.

Umha última observaçom: polo mesmo Decreto 80 / 2000 de 23 de Março, depois de ser sometido a informaçom pública a finais de Fevereiro do 2007 o projecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliaçom da granja de Quilmas, deveu ser aprovado definitivamente num prazo de tres messes. Leva polo tanto máis dum ano num “limbo administrativo”. O Plano de Aquicultura de Galiza, no que se inclúe, recebeu a aprovaçom do Conselho da Junta o 28 de Agosto do 2008. Ignoramos se a Conselheria de Pesca e o Governo de Touriño pretenderám fazer extensiva esta aprovaçom ao Projecto de ampliaçom da piscifactoría da Stolt no Lugar de Quilmas.

Addendum: Um problema de nacionalidade em torno do “título habilitante”.

A autorizaçom para a instalaçom da piscifactoría de Quilmas foi concedida pola Orde do 21 de setembro de 1989 a umha empresa chamada “Corporaçom Interalimentaria” segundo o regulado pola Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños, a primeira Lei de Pesca de Galiza, que nom foi ainda digitalizada, porém cujo texto, asinado por Gerardo Fernández Albor temos á vista, e á qual fai referencia explícita a orde na condiçom sexta.

O artigo 4 dessa Lei 15/1985 “de ordenación marisqueira e cultivos mariños” di que “O exercicio por toda pessoa natural ou xurídica das actividades de marisqueo ou cultivos mariños require habilitaçom administrativa previa, que adoptará as (…) modalidades e]:a) concesión (…), b) autorización [e] c) licencia.”

O artigo 5º desta mesma Lei estabelece (recolhendo um precepto já estabelecido pola Lei 23/1984 de 25 de Xullo de Cultivos marinos, umha Lei Estatal, no seu artigo 4):

“As actividades marisqueiras e de cultivos mariños só poderám ser realizadas por persoas naturais ou xurídicas de nacionalidade española, agás o disposto em convenios internacionais”.

O 13 dispom que:

As concessons e autorizaçons nom poderám ser obxecto de alleamento “inter vivos”, salvo que este se realice conxuntamente co do establecemento que tales outorgamentos amparam. Sempre previa autorización.

Esta lei, de acordo coa qual se concedeu autorizaçom para instalar a piscifactoría de Quilmas a umha empresa chamada “Corporaçom Interalimentaria”, foi derogada pola Ley de Pesca de 1993, que nom fai referencia alguma ao requisito da nacionalidade, porém no artigo 72 inclúe entre as causas para a extinçom da autorizaçom, coma apartado h):

h) Por efectuar el cambio de titularidad del establecimiento sin la previa autorización de la Consellería de Pesca, Marisqueo y Acuicultura, (ponto ratificado no artigo 6º do Decreto 193/1997 de 11 de Marzo e no Decreto 274/2003, que modifica o anterior).

Nom parece ter sido derogada, em cambio, a Lei 23/1984 de 25 de Xullo de Cultivos marinos, a lei estatal cujo preceptiva encol da nacionalidade recolhía a Lei de Pesca do Sr. Albor, que a Ley 22/88 de 28 de Julio de Costas cita em 70.2 coma vigente, que no seu artigo 4 faz referencia explícita á nacionalidade espanhola coma requisito para acadar autorizaçons e concessons para estabelecementos aquicolas e que na súa Disposiçom Adicional dispom:

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

Lo dispuesto en la presente Ley será de aplicación supletoria respecto de las normas que puedan dictar las Comunidades Autónomas que ostenten competencias en la materia. Estas normas habrán de respetar, en todo caso, el ejercicio de las facultades atribuidas por el Título II de la presente Ley a los órganos correspondientes de la Administración del Estado.

O processo polo que de “Corporaçom Interalimentaria S.A.” passamos a Martesanal S.L. e de Martesanal S.L. á Stolt Sea Farm S.A. em sucessivos “cambios de dominio” ou “transmissons do permisso de actividade” com respeito á piscifactoría de Quilmas é tortuoso.

O “permisso de actividade” da granxa mariña de Quilmas cambiou de titularidade de “Corporación Interalimentaria S.A.” a Martesanal S.L. por umha Orde do 3 de outubro de 1996, e Martesanal, umha empresa representada nos convenios, polo menos dende o 2000, polo agora presidente de Prodemar, a marca galega da Stolt, Pablo García Rodríguez (que polo menos dende 1998 asinaba também os convenios da Stolt), foi “absorbida” pola Stolt Sea Farm S.A. no 2002, com efectos económico dende o 2001, segundo o Borme do 20 de Abril de 2002. Nom achamos publicado no DOG nenhum anuncio da aprovaçom pola Conselharía de Pesca dumha solicitude de autorizaçom previa para efectuar este cambio de titularidade do permisso de estabelecemento, coma sí o achamos, para o cambio de “”Corporación Interalimentaria” a Martesanal S.L., a Orde do 3 de outubro de 1996 citada.

Ás vezes pensamos que tanto “Corporaçom Interalimentaria” coma “Aquazul.S.A.”, a empresa á qual se outorgou a concessom de instalaçom em Merexo, e provavelmente Martesanal, poderíam ser só (já dende os anos 80) fantoches, meros testaferros em Galiza da multinacional de Luxemburgo, que recorrería e eles, (“empresas galegas”, “empresas espanholas”, em qualquer casso), para acadar as concessons, coma recorre agora aos Conselhos da Junta de Galiza. De feito, a búsqueda de “Corporación Interalimentaria” em directorios especializados remite sistemáticamente a umha empresa de cementos de Vigo extinta no 2000 e no DOG nom regista nenhuma actividade.

Havería que ver se a Lei 23/1984 de 25 de Xullo de Cultivos marinos e a súa Disposiçom Adicional som efectivamente aplicaveis na Autonomía Galega e se Martesanal solicitou jamais á Conselharia de Pesca, Marisqueo e aquicultura “previa autorización” para o cambio de titularidade dos permissos da Piscifactoría de Quilmas á Stolt. Se nom o fixo, e repetimos que, dende o 2002, no DOG nom há publicada nenhuma resoluçom ao respeito, cremos que a autorizaçom, polo dito en cima, estaría extinguida e a Stolt levaría operando 6 anos no Lugar sem licença.

Por certo, a piscifactoría de Quilmas foi autorizada há 20 anos (a de Merexo é um pouco máis velha). Quando, aplicando os prazos marcados no Decreto 274/2003, (mencionado expresamente no anuncio da “Dirección General de Recursos Marinos” polo que se someten a información pública todos os projectos, documentaçon e estudos relativos á ampliaçom da granja de Quilmas pola Stolt Sea Farm S.A.) a ampliaçom tenha cumprido 30 anos (tres prórrogas de 10), a “piscifactoría original” terá, polo tanto, 50. Se se lhe aplicasse também a ela esse prazo de 30 anos, o único claro na legislaçom, tería que fechar, pois, dentro de 10, e a “ampliaçom” quedaría convertida na “instalaçom única”. As única leis, que saibamos, que reconhecem um prazo de 50 anos, a Lei 15/1985, a Lei de Pesca de Albor, e a Lei 23/1984 de 25 de Xullo de Cultivos marinos, a que fala da nacionalidade espanhola coma requisito, porém que eiquí nom sería aplicavel, porque o ponto está regulado pola legislaçom autonómica, (nom pode ter “caracter supletorio”), quedarom derogadas no que concerne a este prazo pola Ley 22/1988 de 28 de Julio de Costas.

A orde que regula o procedemento para a transmissom da titularidade do permisso de actividade en estabelecementos marinhos e auxiliares na zona terrestre, completamente esquezida por Martesanal, e a Stolt, na “absorçom” de Martesanal pola multinacional luxemburguesa (que implica a dissoluçom de Martesanal e a herança pola Stolt de todo o seu patrimonio e os seus direitos, ver o Borme do 20 de Abril de 2002, citado em cima) é a Orde do 21 de Xullo do 2000 (D.O.G. do Martes, 8 de Agosto do 2000).

A Ley 22/1988, de 28 de Julio de Costas (a Lei de Costas estatal), cujo artigo 66.2 é taxativo, coma o 3º.2 do Decreto 274/2003 da Junta, com respeito á duraçom das concessons (30 anos) pode consultarse, outra vez, eiquí.


About this entry