A resposta

Á vista das alegacións formuladas, compre indicar o seguinte:

– A negación do caracter supramunicipal así como a valoración da importancia da acuicultura mariña en terra baséase en cuantificacións cuxa interpretación é de natureza estritamente subxetiva e non ten en conta o potencial de desenvolvemento (A verdade é que non entendemos o do “potencial de desenvolvemento”. No caso de Quilmas, qué potencial de desenvolvemento poden ter unhas instalacións que xa ocupan o máximo de terreo posible?). Tampouco parecen ter en conta que o ámbito xeográfico do Plan abarca 18 municipios ao longo de toda a costa galega (o que xa de por sí exclúe calquera outra xustificación do caracter supramunicipal e polo tanto da necesidade do Plan) (en realidade, que un Plano sexa xeograficamente supramunicipal non implica que teña relevancia para o benestar dos municipios aos que afecta e que, polo tanto, se acolla xustificadamente á figura da “supramunicipalidade”), que é preciso establecer criterios coherentes entre os diferentes territorios galegos en relación coa necesaria regulación dun sector con importantes expectativas de crecemento e sobre o que Galicia exerce unha clara posición de liderato nacional e internaciona , que a variable ambiental resulta reforzada cando as instalacións acuícolas se planifican tendo en conta como factor primordial o respecto aos espazos protexidos, fronte a unha situación non planificada (pero nin a Rede Natura 2000 é incompatible coa actividade acuícola, como se dirá máis adiante), que a acuicultura está chamada a exercer un importante papel en relación coa xestión e conservación dos recursos mariños, ou que o promotor é a Xunta de Galicia. Por todas estas razóns, considérase plenamente xustificada a existencia dun plan sectorial de incidencia supramunicipal.

– O enfoque estratéxico, ademáis de xustificarse polo ámbito xeográfico e necesidades do sector, é unha esixencia expresamente recollida na Lei 9/2006 cando na súa exposición de motivos sinala literlamente: “Sen embargo, este instrumento (refírese aos Estudos de Impacto Ambiental) amosou as súas carencias cando se trata de evitar ou corrixir os efectos ambientais no caso das tomas de decisión das fases anteriores á de proxectos. É necesario, polo tanto, establecer unha ferramenta que permitirá actuar dunha forma estratéxica en tales fases .”

– Convén lembrar que a Acuicultura é a única actividade produtiva que, segundo a FAO, ten unhas previsións de crecemento suficientes como para poder atender a crecente demanda de produtos de pesca derivada do crecemento da poboación mundial. Iso ten unha especial relevancia se se ten en conta que a FAO tamén considera que as pesqueiras se atopan en niveis de explotación que non deben ser superados. (Pero Galiza, e Quilmas, non son unha ONG, non teñen que preocuparse por atender “a crecente demanda” “da poboación mundial”, teñen que avaliar os proxectos nos que se implican de acordo con seus propios intereses).

– Carece de fundamento valorar a sostibilidade do desenvolvemento asociado a calquera plan de actuación en termos unicamento do volume de emprego directo: unha actividade pode xerar moito emprego e ao mesmo tempo, resultar insostible, ou viceversa. (En realidade non valoramos a sostibilidade polo emprego, polo emprego valoramos a súa contribución ao desenvolvemento social e económico de Galicia: despois ese desenvolvemento ten que ser sostible).

– Afirmar que os supostos beneficios que obteñen as empresas situadas en Galicia, con independencia da súa natureza xurídica, non repercuten sobre a economía galega carece do máis mínimo fundamento económico. Dado que, ao parecer, trátase dun argumento “técnico” agradeceríase unha mayor precisión. En todo caso, esa é a situación clásica das colonias, e non parece que as multicionais asentadas nelas contribúan moito ao seu desenrolo).

– Non parece que se teña en conta o potencial de crecemento do sector á hora de cuantificar e valorar o emprego xerado e os beneficios sobre a poboación (outra vez o potencial de crecemento: en Quilmas parece materialmente imposible que a Piscifactoria creza. Pode ir mellor ou pior, pero ainda que vaia mellor non é probable que vaia repartir os beneficios), en todo caso, non pode avaliarse exclusivamente en termos de emprego (No caso de Quilmas, en termos de qué máis pode avaliarse a ampliación a 250.000m2 da Piscifactoría? Prestixio? Calidade de vida?).

– Non se xustifica o rexeitamento ás cifras de emprego estimadas xustificadamente polo Plan.

– Polo que se refire ao consumo de pensos debe terse en conta a alta eficiencia dos pensos de peixe neste sector, moi superior ao obtido noutras actividades gandeiras (Que os pensos teñan unha “alta eficiencia” non rebate o argumento de que estan elaborados a base de grandes cantidades de biomasa oceánica e non contribúen a conservar a biodiversidade mariña pero…). Ademáis hai que sinalar que a investigación e o desenvolvemento está reducindo moi significativamente os índices de conversión (¿Qué son os “índices de conversión”? ¿Constituirán un argumento válido? Ou estarase a falar de algo como “a alta eficiencia”, o aproveitamento do penso polos peixes?)
ao tempo que posibilitando fontes complementarias e incluso alternativas ás materias primas tradicionais.

– En canto ao suposto incumprimento da normativa urbanística relativa a solo rústico de especial protección, esta afirmación non se sostén dado que la propia (sic) lei 9/2002, nos seus artigos 36, 38 e 39 recolle o uso para establecementos de acuicultura entre os autorizables en solo rústico de protección ordinaria, de augas, costas ou de interese paisaxístico e de espazos naturais, establecendo no artigo 42 as condicións para a ocupación e edificación. (Sí, pero o parágrafo 3 do artigo 5º do Decreto 80/2000, polo que se regulan os planos e proxectos sectoriais de incidencia municipal di textualmente: “3. No solo rústico de especial protección quedan prohibidas as actuacións que resulten incompatibles cos seus valores ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, culturais ou calquera outro que sexa obxecto da protección outorgada ou coas proteccións derivadas da lexislación sectorial de aplicación.”
Por outra banda, as condicións fixadas por ese artigo 42 para a ocupación e edificación son tan restrictivas que ningunha piscifactoría as cumpre e menos as macrofábricas que se proxectan, nas que, sen dúbida, xamais pensou o lexislador: ve-lo texto no enlace do Blogroll)
.

– Por outra parte, este suposto incumprimento parte do feito, sen xustificación ningunha, de supoñer directamente a incompatibilidade da actuación (é dicir: a construcción ou ampliación das instalacións acuícolas) cos valores que sustenta o solo rústico de especial protección. Hai que ter en conta que co nivel de precisión e detalle que corresponde ao Plan, existen limitacións que só poden ser resoltas na fase de proxecto e de Estudo de Avaliación Ambiental deste (que, non obstante amosara as súas carencias cando se trataba de evitar ou corrixir os efectos ambientais no caso das “tomas de decisións das fases anteriores á de proxectos”, lembremos). Baste citar, por exemplo, o feito de que só poden ocuparse como máximo os dous terzos da extensión total do parque; a ocupación definitiva non pode precisarse no Plan e só poderá facerse co desenvolvemento (Esperemos que teórico… Ou será práctico?) dos proxectos que, ademáis, quedarán suxeitos á correspondente aprobación administrativa e á avaliación de impacto ambiental (Primeiro a aprobación e despois a avaliación ou viceversa? Por outra banda, e desgraciadamente, ainda que a Conselleira fale en futuro, un “Estudio de Impacto Ambiental” xa foi presentado, e exposto ao público, fai un ano, o 21 de Febreiro do 2007. Non sabemos se é do que está a falar ela).

– O outorgamento dunha determinada protección ambiental a unha porción de territorio non constitúe un impedimento absoluto á realización de actividades, como a acuicultura, consideradas globalmente (mais lembremos que máis arriba se dixo que “…a variable ambiental resulta reforzada cando as instalacións acuícolas se planifican tendo en conta como factor primordial o respecto aos espacios protexidos, fronte a unha situación non planificada…”. ). Nin a Rede natura 2000 nin outras figuras de protección implican normativamente a inviabilidade das instalacións de acuicultura. Non obstante, a Xunta realizou un importante esforzo na protección ambiental limitando ao máximo as posibilidades de afección a espazos protexidos. Dentro do marco establecido polo Plan, a garantía de compatibilización de esta actividade con outras actividades e sectores económicos, e coa protección dos valores naturais, corresponde ao proceso de aprobación dos diferentes proxectos de desenvolvemento.

– Hai que ter en conta que existen instalacións actualmente en zonas declaradas Rede Natura 2000; impedir a súa ampliación implicaría cuestionar e por en perigo a súa viabilidade e sostibilidade a longo prazo (a Conselleira, ou máis exactamente, a súa asesoría xurídica, parece confundir, quizais deliberadamente, sostibilidade ecolóxica e rentabilidade) derivándose diso prexuízos económicos e sociais de difícil valoración e ainda máis difícil imputación (é dicir, que é difícil valoralos, pero ainda máis dificil atopar a quén botar a culpa deles?). Por outra banda, hai que valorar positivamente o incremento de actividade produtiva en zonas xa degradadas (ou sexa, onde xa hai piscifactorías), fronte a alternativa que suporía crear máis novos espazos en zonas do litoral virxes (É dicir que, como en Quilmas xa temos unha pequena piscifactoría, e mellor ocupar eiqui 250000m2 que en outra parte, claro. É insultante que a Consellería de Pesca non teña reparos en considerar zonas “degradadas” aquelas nas que xa hai instalacións acuicolas e non dubide en empregar o termo falando co afectados).

– Sen que poida cuestionarse a obrigación do cumprimento da normativa sobre verteduras, as autorizacións de vertedura propiamente dita exceden do ámbito do Plan. En cumprimento da normativa vixente, calquera nova instalación ou ampliación requirirá da preceptiva autorización de vertedura polo organismo competente.

– O Plan ten en conta e incluso contribúe ao desenvolvemento da normativa vixente pero non cabe esixir supeditación ningunha a desenvolvementos lexislativos como é o caso da Lei Paisaxística de Galicia.

– A proposta de criterios adicionais de aceptación e rexeitamento de instalacións e novos parques non se xustifica nin se dan indicacións mínimas que permitiran a súa aplicación operativa no ámbito da selección dos parques, que é o obxecto do Plan. Algunhas das cuestións que se formulan poden considerarse contempladas, non obstante, nas medidas correctoras que se propoñen no ISA. En calquera caso, non se consideran pertinentes cando se fai referencia ao cumprimento da normativa vixente, ao considerar que a Xunta de Galicia dispón dos mecanismos adecuados para facer cumprir dita normativa en toda actividade que se desenvolve no seo do Plan.

– A lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, no seu artigo 25, así como o artigo 46 do Regulamento que a desenvolve (aprobado polo Real Decreto 1471/1989, do 1 de decembro), permiten na zona de servidume de protección de dominio público marítimo-terrestre as obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra situación, circunstancia que evidentemente concorre en instalacións cuxa base de funcionamiento é a captación de auga de mar.

– Non se considera xustificada, nin existen elementos obxectivos para poder valorala en tanto en canto non se desenvolve o proxecto ou proxectos pertinentes (o que resulta totalmente alleo ao ámbito do Plan) a suposta afección ao núcleo de QUILMAS, o seu porto histórico e o “proxecto de agricultura ecolóxica dos veciños”.

Por todo o anterior, procede desestimar a alegación, dado que:

– A negación do carácter supramunicipal e estratéxico non se considera xustificada

– A presentación de alegacións con respecto aos criterios de aceptación e rexeitamento de instalacións e novos parques non resulta coherente coa petición de retirada do Plan, e non se consideran procedentes

– Sen que poida cuestionarse a obriga do cumprimento da normativa sobre verteduras, as autorizacións de vertedura propiamente dita exceden do ámbito do Plan e das competencias do órgano administrativo que o promove

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2008

A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos,

Carme Gallego Calvar



Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: