O que alegabamos

Examinado o escrito de alegacións ao Plan Galego de Acuicultura, polo que se revisa o Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria, e ao seu informe de Sostibilidade ambiental, formulado pola persoa cuxos datos figuran no encabezamento, resulta o seguinte:

A alegación foi presentada dentro do plazo establecido (dous meses a contar desde o 1 de xullo de 2007, segundo resolución do Director Xeral de Recursos Mariños do 27 de xuño de 2007, DOG nº 126 de 30/06/07), polo que procede admitila.

– No escrito maniféstanse en esencia as seguintes consideracións:

1. A acuicultura mariña en terra representa unha mínima parte dun sector dominado pola acuicultura a flote e o cultivo de mariscos, polo que non está xustificado elaborar un plan sectorial só para esa pequena parte e menos ainda conferirlle caracter estratéxico.

2. Diversas alegacións ao carácter supramunicipal do Plan. Segundo o Decreto 80/2000, para que un plan sectorial teña incidencia supramunicipal:

a) Debe regular infraestruturas, dotacións ou instalacións de interese público ou utilidade social (artigo 2.1º). Non se cre que as instalacións de acuicultura en terra (525 persoas de emprego total en 2002) deban considerarse de interese público ou utilidade social.

b) Terase en conta os seus efectos positivos para o medio ambiente (artigo 4.a). Non pode dicirse que a acuicultura de peixes planos (rodaballo e linguado) teña efectos positivos para o medio ambiente ao contribuir a conservar a biodiversidade mariña, xa que son especies carnívoras que se alimentan de pensos elaborados a base de grandes cantidades de biomasa oceánica. Ademais, as instalacións contiguas ou próximas a espazos da Rede Natura 2000 veranse afectadas pola vertedura de millóns de m3 de augas contaminadas bioloxica e quimicamente.

c) Terase en conta a súa contribución ao desenvolvemento sostible social e económico de Galicia (artigo 4.b), que non se produce neste caso, xa que se xera pouco emprego ao tratarse de instalacións moi automatizadas (rexeita a cifra de 1 posto de traballo cada 11 Tm producidas e o cálculo de 2.800 empregos para os parques proxectados do Plan) e o beneficio é mais para as empresas multinacionais que dominan o sector que para a economía galega (apoiándose na subvención de ata o 40% que poderán recibir os proxectos que se acollan an Plan).

d) Terase en conta a poboación beneficiaria (artigo 4.c), que neste caso é escasa, non só polo pouco emprego xerado, senon tamén porque, ao contrario do que se afirma, a acuicultura en terra pon en risco o sector pesqueiro tradicional, comprometendo o principal medio de vida das poboacións afectadas.

e) Ao ocupar espazos catalogados como solo rústico de especial protección o Plan incumpre o artigo 5.3 do Decreto que establece que En solo rústico de especial protección quedan prohibidas as actuacións que resulten incompatibles cos seus valores ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, culturais o calquera outro que sexa obxecto da protección outorgada pola lexislación sectorial de aplicación e algunhas das actuacións propostas polo plan resultan incompatibles con estes valores.

3. Alegacións con respecto aos criterios de aceptación e rexeitamento para a ampliación de instalacións existentes e creación de novos parques:

a) Deberíase incluir como criterio de rexeitamento a afección ás paisaxes singulares ou de especial relevancia, considerando ademais que está en proceso de elaboración a futura Lei Paisaxística de Galicia.

b) Deberíase contemplar como criterio de exclusión toda a Rede Natura 2000 en Galicia, non só os habitats prioritarios.

c) Deberíase incluir como criterio de rexeitamento a afección a espazos naturais protexidos de calquera tipo ou categoría, incluíndo todos aqueles que gocen dalgunha protección ambiental segundo a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza.

d) Deberíanse incluír factores de exclusión de índole social: aproveitamento turístico, actividades tradicionais (pesca, marisqueo, agricultura, ganderia), afección de elementos patrimoniais ou etnográficos destacados.

e) As afeccións puntuais aos espazos protexidos deberían estar supeditadas ao fixado polos respectivos PORNs e/ou PRUGs, segundo o disposto nae lei 9/2001 e sen que poida falarse de posibles excepcións para afeccións concretas (bombeos e tubos).

f) Deberíase establecer unha separación mínima entre instalacións de acuicultura (que non debería ser inferior a 5 Km en liña recta) e as zonas turísticas e os elementos do patrimonio histórico (non inferior a 1 km en liña recta).

g) Debería obrigarse a realizar un tratamento secundario dos efluentes do proceso produtivo para dismunuir a súa carga orgánica, a monitorización en tempo real de parámetros físico-químicos á saída da depuración, o seguimento periódico das comunidades animais e vexetais próximas á saída dos efluentes e esixir o permiso de vertedura.

h) Debería ser obrigatorio adoptar medidas para garantir a seguridade ambiental: prohibir o cultivo de peixes exóticos ou transxénicos e priorizar a utilización de circuitos pechados de auga de mar.

i) De acordo co artigo 15 da Lei 22/1988 de Costas, debería excluírse calquera ocupación física da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

j) No caso de QUILMAS: veríase afectado todo o núcleo de poboación e o conxunto do seu porto histórico e destruiríase o proxecto de agricultura ecolóxica que teñen en marcha os veciños da localidade.

Peticións nas que se concreta a alegación:

– Retirada desta proposta de Plan e derrogación do Plan vixente.

– Que a Xunta de Galicia regularice a situación das empresas do sector que carecen de permiso de vertedura.



Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: