Texto da queixa presentada por Adega ao Valedor pola falta da información solicitada a Augas de Galiza e ao Seprona sobre os vertidos da Stolt denunciados o 3 de Marzo

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Travesa de Basquiños 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: http://www.adega.info/
Tfno/Fax: 981.570099

AO VALEDOR DO POBO

D. Martiño-Fiz López Lindoso … no seu nome e en representación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) GIF G15044811, con enderezo a efectos de notificación na Travesa de Basquiños, 9-Baixo, de Santiago de Compostela (CP 15704),

EXPÓN:
Que por medio do presente escrito, formulamos a seguinte queixa.
Ao abeiro da Lei 27/2006 sobre o Dereito de Acceso á Información en materia de Medio Ambiente foi presentada unha denuncia ambiental ante o SEPRONA e ao organismo autónomo Augas de Galiza con data 3 de Marzo de 2008 con motivo dun vertido de materia orgánica procedente da piscifactoría de Stolt Sea Farms en Quilmas (Concello de Carnota).
Que non temos contestación por parte do organismo autónomo Augas de Galiza nin os resultados das análises efectuadas nese vertido, que foron solicitadas tanto a Augas de Galiza como ao Seprona. O Seprona contestou que non teñen obriga de enviarnos esta información e máis Augas de Galiza non respondeu pasados máis de 30 días de presentada a Solicitude de Información Ambiental.
SOLICITA:
Que o organismo autónomo Augas de Galiza responda á denuncia asinada por Martiño-Fiz López Lindoso, no seu nome e en representación de ADEGA en base ao Artigo 3, punto 2, apartado d, da Lei 27/2006 de dereito á información ambiental.

En Compostela a 30 de Abril de 2008

Asdo.
Martiño-Fiz López Lindoso

Coordinador Organizativo de ADEGA

Anuncios


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: