Reunión conxunta da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica «Raíña Lupa»

Hoxe ás 9 da noite tivo lugar unha reunión conxunta da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica «Raíña Lupa» na que constituíuse oficialmente a Cooperativa coa aprobación da súa acta fundacional e a elección de Xosé Manuel Casais Gonzalez coma presidente e Manuel González Costa coma secretario

Outro dos temas da orde do día foi a posibel aprobación do Plano Sectorial de Acuicultura de Galiza no próximo Consello da Xunta do Xoves 28 de Agosto.

Para o Xoves 28, ás 11 da mañá, hai prevista unha concentración en fronte dos locais administrativos da Xunta en San Caetano para manifestar a protesta da aldeia contra o que considera un atropelo do Patrimonio Ecolóxico e Cultural do lugar de Quilmas por parte do Goberno Galego.

Mañá, Martes, ás 18 horas, espérase a visita dun enxeñeiro agrícola para que faga o levantamento topógrafico dos montes veciñais do lugar, o primeiro paso para que a comunidade de veciños, tamén constituida, comeze a xestionalos.


About this entry